Skip to Content
Formación e asesoramento para mellorar o posicionamento do

Xeoparque Cabo Ortegal

en Google Travel

Acción promovida pola Deputación da Coruña e financiada pola UE - Fondos NextGenerationEU.

Rexistro de empresa


Descrición do programa

Obxectivos do programa

O programa ten como obxectivo mellorar a competitividade e visibilidade das empresas turísticas do Xeoparque Cabo Ortegal, potenciando a súa presenza en plataformas dixitais como Google Travel, Google Maps e TripAdvisor. Ademais, promove a colaboración público-privada, a formación en marketing dixital e a sustentabilidade, fortalecendo a cohesión territorial e a atracción de visitantes ao destino.

Beneficiarios 

O programa está dirixido a empresas turísticas locais do Xeoparque de Cabo Ortegal, así como a axentes públicos e privados vinculados á promoción do destino e emprendedores. Tamén se enfoca en pequenas e medianas empresas do sector turístico que queiran fortalecer a súa visibilidade, competitividade e estratexia dixital.

Es unha das pezas clave do novo turismo no Xeoparque de Cabo Ortegal? Agardámoste!

Que ofrece o proxecto?

O proxecto ofrece formación integral e asesoramento personalizado para mellorar o posicionamento e a comercialización en liña das empresas turísticas do destino. Inclúe formación avanzada en SEO, SEM e mercadotecnia dixital, acceso a ferramentas e recursos prácticos, creación de campañas dixitais eficaces en Google Travel, Maps e redes sociais, e apoio continuo mediante titorías e unha plataforma en liña de seguimento.

Estrutura do programa

01

Formación

O programa ofrece formación práctica en márketing dixital para o sector turístico, enfocada en mellorar a visibilidade en liña. A través de 11 obradoiros híbridos, os participantes aprenderán a optimizar o seu posicionamento en Google My Business, creando perfís mellorados e atraendo clientes locais. Tamén se ensinará a crear publicacións atractivas en redes sociais como Facebook e Instagram e a xestionar as reseñas en plataformas como Google ou TripAdvisor para mellorar a reputación dixital. O obxectivo é que cada participante mellore a súa presenza dixital e atraia novos públicos.

02 

Asesoramento

 Cada empresa recibirá un asesoramento personalizado, onde se realizará un diagnóstico do posicionamento actual e se darán recomendacións específicas para mellorar a súa web, redes sociais e reputación en liña. Durante as sesións, traballarán na optimización do perfil de Google My Business e na creación de contidos xeolocalizados para atraer turistas. Ao finalizar, cada empresa terá un plan de acción estratéxico adaptado ás súas necesidades, cun seguimento continuo e axustes segundo os avances.

03

Seguimiento

Esta fase céntrase no seguimento e avaliación dos resultados para garantir o cumprimento dos obxectivos de posicionamento dixital. Inclúe unha avaliación continua do rendemento das campañas, das redes sociais e do SEO, con axustes estratéxicos baseados nos KPIs definidos. Entregaranse informes periódicos cos avances, as áreas de mellora e novas recomendacións. Ao peche, cada participante recibirá unha memoria final que resumirá as accións realizadas, os resultados obtidos e as propostas para dar continuidade ao traballo a longo prazo.

Duración do programa


Formación do programa

Obradoiros formativos


Obradoiro 1: Plan de comunicación e storytelling

Guía a creación de mensaxes coherentes e narrativas auténticas que fortalezan a identidade do destino ou empresa turística.

Obradoiro 2: O cliente dixital e estratexias para millennials e xeración Z

Analiza os novos perfís de viaxeiros dixitais, os seus hábitos de consumo e como adaptar a comunicación e a oferta turística ás súas expectativas e comportamentos.

Obradoiro 3: Email marketing e embude de vendas

Explica como deseñar estratexias de comunicación directa, automatización e fidelización a través do correo electrónico e da xestión de bases de datos.

Obradoiro 4: Relacións con medios e relacións públicas

Desenvolve habilidades para xerar cobertura mediática, xestionar notas de prensa e construír relacións sólidas con medios e creadores de contido.

Obradoiro 5: Vídeo marketing e contido multimedia

Profundiza na produción e difusión de contidos audiovisuais para inspirar, atraer e fidelizar aos viaxeiros, empregando ferramentas accesibles e formatos atractivos.

Obradoiro 6: Estratexias avanzadas de visibilidade dixital

Explora técnicas para mellorar a presenza en liña de destinos e empresas turísticas mediante ferramentas de posicionamento, optimización de perfís e estratexias multicanle.

Obradoiro 7: SEO avanzado e ferramentas de analítica (Google Analytics e Search Console)

Ofrece coñecementos prácticos para mellorar o posicionamento orgánico, medir o rendemento web e optimizar a experiencia do usuario.

Obradoiro 8: Publicidade en buscadores (SEM) e camañas de Google Ads

Ensina a deseñar, segmentar e optimizar campañas de pago en Google Ads para atraer tráfico cualificado e aumentar a conversión.

Obradoiro 9: Publicidade en redes sociais (Social Ads)

Aborda a creación de campañas efectivas en Facebook, Instagram, TikTok e LinkedIn, cun foco especial na segmentación, creatividade e medición de resultados.

Obradoiro 10: Innovación e tendencias en marketing turístico

Presenta as últimas tendencias tecnolóxicas aplicadas ao turismo, como a realidade virtual, os chatbots e a intelixencia artificial, para anticipar o futuro do marketing turístico.

Obradoiro 11: Xestión de reputación en liña

Capacita na monitorización e xestión de opinións en plataformas dixitais, fomentando a resposta efectiva e a mellora continua do servizo.

Preguntas frecuentes

Estas son algunhas das preguntas máis frecuentes que recibimos.

Duran 4 horas que pasan voando! Son dinámicas, prácticas e tan entretidas que cando te decatas… xa estás desexando que chegue a seguinte! Aprender nunca foi tan áxil e divertido.

As xornadas serán na Casa da Xuventude, no Concello de San Sadurniño. Alí vos agardamos con moita ilusión, ideas frescas e café (do bo)!  

Conéctate de 17:00h a 19:30h nos días que aparecen no calendario anterior. Prepara o teu dispositivo, busca un sitio cómodo… e aló imos! Tes a ligazón no apartado "Plataforma de formación".

A primeira xornada, o 6 de novembro, será pola mañá de 10:00h a 14:00h.

As seguintes serán pola tarde, de 16:00h a 20:00h, segundo o calendario do programa.

Xa estamos contando os días para vervos en San Sadurniño!

Coñece aos nosos formadores

Víctor Sixto

Director

Josefina Pellegrini

Formadora

Gabo Caruana

Formador

Sofía Michaux

Formadora

Paula Miller

Formadora

Patricia Pérez

Formadora

Isabel Blanco

Formadora

Lucero Arana

Formadora

Jacobo Mouriño

Formador

Iago Ebrero

Formador

Alain Hervás

Formador

Iago Piñeiro

Formador

Coñece ao noso equipo

Regina Contreras

Consultora

Paula Miller

Consultora


Acción promovida pola Deputación de Coruña no marco do PSTD Proxecto Xeoparque Cabo Ortegal. Fondos NextGenerationEU